A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia celebrar.
En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso.
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora.
Sanea Control, S.L.
3. Data.
Novembro 2013: 25.
Decembro 2013: 2, 9 e 16.
Xaneiro 2014: 13.
4. Lugar de celebración.
Grupo Calvo.
Somorto, s/n, Esteiro.
15240 Muros (A Coruña).
5. Número de prazas.
Máximo: 25 alumnos.
6. Dirixido a.
Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección.
Por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes.
Solicitude segundo o modelo do anexo I.
9. Programa.
Día 25.11.2013 |
|
14.30-15.30 horas |
Introdución. Lexislación. |
15.30-17.00 horas |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria. |
17.00-18.45 horas |
Métodos de loita antivectorial. |
Día 2.12.2013 |
|
14.30-16.00 horas |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
16.00-17.30 horas |
Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases. |
17.30-18.45 horas |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
Día 9.12.2013 |
|
14.30-16.45 horas |
Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas. |
16.45-18.45 horas |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. |
Día 16.12.2013 |
|
14.30-16.30 horas |
Métodos de loita antivectorial. |
16.30-18.45 horas |
Técnicas de aplicación de praguicidas. |
Día 13.1.2014 |
|
14.30-15.30 horas |
Preparación de disolucións de produtos. |
15.30-16.30 horas |
Boas prácticas de almacenamento de praguicidas. |
16.30-17.30 horas |
Resolución de exercicios prácticos. |
17.30-18.30 horas |
Avaliación tipo test. |
10. Certificado de superación do curso.
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico
Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
Datas:
Novembro 2013: 25.
Decembro 2013: 2, 9 e 16.
Xaneiro 2014: 13.
Lugar de celebración do curso:
Grupo Calvo.
Somorto, s/n, Esteiro.
15240 Muros (A Coruña).
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: das 14.30 ás 18.45 horas, agás o día 13 de xaneiro que será das 14.30 ás 18.30 horas.
Nº de prazas: máximo 25 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Enviarase, como data límite o 18 de novembro de 2013, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avenida da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Teléfono: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico saneacontrol@yahoo.es
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
NOME: |
APELIDOS: |
|
CARGO/ACTIVIDADE DESEMPEÑADA: |
||
EMPRESA: |
SECTOR ACTIVIDADE: |
|
ENDEREZO: |
CP: |
|
LOCALIDADE: |
PROVINCIA: |
|
TELEFONO: |
FAX: |
CORREO ELECTRÓNICO: |