Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44130

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboadela

ANUNCIO de información pública sobre convenio urbanístico.

Con data do 21 de outubro de 2013, o alcalde do Concello de Taboadela, Manuel Gallego Vila, asinou un convenio urbanístico con Jesús Cid Quintas, en representación da empresa Sistemas Delfín, S.L., con CIF B-78055860, para substituír o deber legal de cesión do 10 % do aproveitamento tipo que lle corresponde como propietario e urbanizador do 100 % do solo comprendido no ámbito do sector UDI-2, delimitado na modificación puntual nº 1 do PXOM de Taboadela. Estes terreos teñen a consideración de solo urbanizable delimitado industrial, cun aproveitamento estimado de 1.135,8 m2, polo pagamento de 12.093,67 euros, conforme á valoración efectuada polos servizos técnicos municipais.

Segundo consta no citado convenio, a propiedade comprométese a aboar a citada cantidade no prazo máximo de catro (4) meses seguintes á sinatura deste convenio.

En cumprimento do disposto no artigo 237 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese este convenio ao trámite de información pública mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Región de Ourense, por un período de vinte días.

Os interesados poden examinar o referido convenio na Secretaría do concello durante o prazo de exposición, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Taboadela, 22 de outubro de 2013

M. Gallego Vila
Alcalde