Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44121

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de estabulación libre de gando vacún e fosa de xurro.

José Castro Agrelo y Otro, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de estabulación libre de gando vacún e fosa de xurro, que se situará en Midón, San Paio, Coristanco.

Cumprindo o preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, de bases de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ábrese un período de información pública por prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende establecer poidan facer as observacións pertinentes.

O expediente está na Secretaría deste concello e pode consultarse nas horas de oficina.

Coristanco, 4 de novembro de 2013

Antonio Pensado Plágaro
Alcalde