Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Edicto do 8 de outubro de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación do monte veciñal en man común A Cruz e trinta e nove máis, a favor dos veciños da parroquia de Moura (agás Monteverde e Fiscal), no concello de Nogueira de Ramuín.

Advertidos erros no mencionado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 205, do venres, 25 de outubro de 2013, é preciso publicar a seguinte corrección:

– Na páxina 42200, no punto cuarto, onde di: «Casarello, que comprende as parcelas 295, 399, 300, 312, 991, 992, 993, 994, 995, 996 e 997 do polígono 7. 18. Cotarón, que comprende a parcela 53 do polígono 5»; debe dicir: «Parcela número 14. Casarello, que comprende as parcelas 295, 299, 300, 312, 991, 992, 993, 994, 995, 996 e 997 do polígono 7. 18. Cotarón, que comprende a parcela 83 do polígono 5».

– Na páxina 42201, a continuación de: «39. Vilares...», falta engadir: «40. Vilasuxá, que comprende a parcela catastral número 10 do polígono 1».