Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 12 de novembro de 2013 Páx. 44013

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Consumo

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro e segundo cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración autonómica galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Consumo no primeiro e segundo cuadrimestre do ano 2013.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2013

Sol María Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Universidade de Santiago de Compostela no eido do dereito de consumo e a arbitraxe de consumo

1 de xullo de 2013

30.000 €

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes de Galicia-Fuciga para o apoio das actuacións de atención, información, asesoramento e mediación nas reclamacións en materia de protección dos consumidores nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

3 de xuño de 2013

30.000 €

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación Galega de Euroconsumo para o apoio das actuacións de atención, información, asesoramento e mediación nas reclamacións en materia de protección dos consumidores nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

3 de xuño de 2013

30.000 €

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios-Brétema para o apoio das actuacións de atención, información, asesoramento e mediación nas reclamacións en materia de protección dos consumidores nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia

3 de xuño de 2013

30.000 €

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Asociación de Consumidores e Usuarios En Marcha-Conumar para o apoio das actuacións de atención, información, asesoramento e mediación nas reclamacións en materia de protección dos consumidores na oficina con que conta na localidade de Monforte de Lemos

3 de xuño de 2013

15.000 €

Convenio marco de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para a realización de actividades ao abeiro do programa de formación e educación da Escola Galega de Consumo

27 de maio de 2013

Sen asignación orzamentaria

Convenio marco de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades de formación e investigación en materia de educación para o consumo responsable

1 de abril de 2013

Sen asignación orzamentaria