Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de outubro de 2013 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística COR/064/2013.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 7 de outubro de 2013, incoou expediente de reposición da legalidade urbanística a Mª Dolores Ayaso Domínguez, en relación coas obras realizadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha vivenda en execución de soleira, no lugar dos Muíños (Borralleiras), Oleiros, no termo municipal de Ribeira, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística