Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43856

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de outubro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante Orde do 25 de setembro de 2013 (DOG nº 193, do 9 de outubro), e de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da citada convocatoria desta consellería,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles os destinos nos postos de traballo que se indica ás persoas funcionarias que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo. O cesamento no destino actual das persoas que obtiveron as prazas producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión nas prazas adxudicadas será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a persoa funcionaria preste servizo, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, realizará, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase formular recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome: Juan Antonio Naveira Seoane.

NRP ou DNI: 3284440235 A2061.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arquitectos.

Posto de traballo: subdirector/a de Protección do Patrimonio Cultural.

Código do posto: ED.302.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Yolanda Gómez González.

NRP ou DNI: 3060952413 A2060.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Coordinación da Área Cultural.

Código do posto: ED.C99.10.000.27001.529.

Nivel: 28.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Lugo.

Localidade: Lugo.