Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato das obras de reforma no Complexo Xuvenil As Mariñas-Bergondo (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 45/2013.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18928

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: obras de reforma no Complexo Xuvenil As Mariñas-Bergondo (A Coruña). (CPA: 41.00.3), (CPV: 45000000-7).

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 11, do 12 de xuño de 2013.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 247.933,88 €. IVE: 52.066,11 €. Importe total: 299.999,99 €.

Esta contratación englóbase dentro das actuacións incluídas no convenio específico asinado o 7 de maio de 2012 entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais, publicado por Resolución do 22 de maio de 2012 no Boletín Oficial del Estado (BOE nº 139, do 11 de xuño).

O eixe, medida e tipo de actuación son os seguintes: 1.20.CA.1. Dotación e mellora de infraestruturas, equipamentos e activos para o turismo rural.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 9 de outubro de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 15 de outubro de 2013.

b) Contratista: Proyecon Galicia, S.A.

c) Importe de adxudicación. Importe neto: 204.800,00 € (sen IVE).

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2013

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar