Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica de ampliación da subestación Castrelo 220 kV (legalización), no concello de Castrelo de Miño (expediente IN407A 2013/55-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ampliación subestación Castrelo 220 kV (legalización).

Situación: Castrelo de Miño.

Características técnicas:

Trafo de 20.000 kVA e R/T 220.000/20.000 V que ocupa a posición T-I. Este transformador é trifásico de bornes convencionais de radiadores de refrixeración adosados á cuba conéctase ao lado de 220 kV pos. 209 por medio de cable cóndor, e a posición de MT pos. 811 por medio de dúas ternas de cable illado de aluminio RHV, 15/25 kV 1×240 AL +H16.

CT servizos auxiliares de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 126.100 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 8 de outubro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial