Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2013/236-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT e CT Buezas.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ de 17 metros de lonxitude, con orixe e final na arqueta proxectada (enlace coa LMT VLG807-Vilalonga Carabuxeira) unha vez entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na parcela da comunidade de montes de Nantes, na zona de Buezas, Sanxenxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 15 de outubro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra