Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 8 de novembro de 2013 Páx. 43711

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 542/2013 interposto por Raúl Vázquez Iglesias.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 542/2013, interposto por Raúl Vázquez Iglesias contra a Resolución da Consellería de Facenda, do 1 de xullo de 2013, pola que se desestima o recurso de reposición contra a Orde da Consellería de Facenda, do 30 de maio de 2013, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Xunta de Galicia do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, de sistemas e tecnoloxía da información; do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala de xestión de sistemas de información, e do corpo administrativo da Xunta de Galicia, escala técnica auxiliar de informática.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública