Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43664

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de información pública sobre mellora de explotación de gando vacún de leite en Frechazo Derradeiro (San Mamede de Ferreiros).

Mª Carmen Barrán Santiso solicitou nesta alcaldía licenza municipal de mellora de explotación de gando vacún de leite no lugar de Frechazo Derradeiro na parroquia de San Mamede de Ferreiros, deste termo municipal. En cumprimento do disposto na lexislación de aplicación, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles co fin de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular as alegacións que xulguen oportunas.

O Pino, 7 de outubro de 2013

Manuel Taboada Vigo
Alcalde