Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto harmonizado e criterio prezo, do servizo de transporte para os escolares participantes no programa Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar), curso 2013/14.

Aprobado o expediente de contratación que a continuación se identifica, mediante Resolución do 16 de outubro de 2013, procédese agora a efectuar o anuncio de licitación deste.

Esta resolución constitúe un acto de trámite para os efectos do parágrafo primeiro do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Presidencia da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo de transporte para os escolares participantes no programa Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar), curso 2013-2014.

b) Lugar de execución: nas condicións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Prazo de execución: durante a duración do Programa Xogade (9 meses), organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte, durante o curso 2012/13.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

5. Orzamento base de licitación:

Importe sen impostos: 360.337,00 €.

Impostos: 36.033,70 €.

Importe total: 396.370,70 €, impostos incluídos e conforme a seguinte distribución por anualidades:

Ano 2013: 11.000,00 €.

Ano 2014: 385.370,70 €.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe, ao abeiro do disposto no artigo 103 do TRLCSP.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación, impostos excluídos.

7. Obtención de documentación e información:

No Servizo de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiúsos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26, 981 54 26 23. Fax: 981 54 26 39).

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas aos cales se refire o parágrafo anterior poderán ser consultadas tamén na internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19711

Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a acreditación efectuarase mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 2 de decembro de 2013, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

No rexistro público da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiúsos, San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39); tamén poden ser enviados por correo dentro do prazo de admisión.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dirección: Estadio Multiúsos San Lázaro, s/n, porta 4, 15781.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 9 de decembro de 2013.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Outras informacións:

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e, se observa defectos ou omisións emendables, comunicaralle por telefax, correo electrónico, ou taboleiro de anuncios electrónico do portal de contratación pública da Xunta de Galicia ou por medios que permitan ter constancia da súa recepción aos interesados, para que se emenden, se fose o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na devandita documentación.

11. Gastos do anuncio:

Os gastos do anuncio que orixine a publicación, por unha soa vez, do anuncio desta licitación nos correspondentes diarios e boletíns oficiais serán por conta do adxudicatario do contrato, sen que se poida imputar á Administración contratante ningún pagamento por tal concepto. O importe considerado máximo é o seguinte:

Custo do Diario Oficial da Unión Europea (DOUE): gratuíto.

Custo do Boletín Oficial del Estado (BOE):

Taxa/liña de título: 13,82 €.

Taxa/liña de texto: 15,35 €.

Custo do Diario Oficial de Galicia (DOG): 5,42 € por liña publicada.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): o 16 de outubro de 2013.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2013

Por desconcentración (Decreto 88/2013)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte