Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de novembro de 2013 polo que se notifica citación para comparecencia no procedemento disciplinario 3/2013.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio citación para comparecencia no procedemento disciplinario 3/2013.

Ao abeiro do disposto no artigo 47.1.a) do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, cítase o interesado para comparecer o día 11 de novembro de 2013 nas oficinas do Servizo de Persoal na Área de Medio Rural e Montes da Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) ás 10.00 horas para tomarlle declaración en relación co procedemento 3/2013.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2013

Patricia Rodríguez Roiloa
Instrutora

ANEXO

Expediente: disciplinario 3/2013.

Interesado: José Manuel Taboada López.

Acto de notificación: citación para comparecencia o día 11 de novembro ás 10.00 horas.

Último enderezo coñecido: rúa Laxe, núm. 10, 1º, San Cibrao das Viñas, Ourense.