Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica LMT e CT túnel O Canizo vía dereita no concello da Mezquita (expediente IN407A 2013/42-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: S.A. de Obras y Servicios (Copasa).

Domicilio social: avenida Beato Sebastián Aparicio, s/n (estación FFCC).

Denominación: LMT e CT túnel O Canizo vía dereita.

Situación: A Mezquita.

Características técnicas:

LMT aérea de 361,18 m de lonxitude total, realizada con cable de aluminio-aceiro, LA-56; ten o seu entroncamento/conexión no apoio existente propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A.

LMT subterránea de 20 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2), que discorre entre os apoios nº 1 e nº 2 da LMT aérea proxectada.

LMT aérea en LA-56 desde o poste número 2 ata o poste número 8.

CT aparellaxe para o nivel de tensión 20 kV, cela de liña, cela de protección e cela de medida. Transformador en baño de aceite de 630 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 81.868,33 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 13 de setembro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
A. Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial