Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 7 de novembro de 2013 Páx. 43569

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 31 de outubro de 2013 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación.

A aprobación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación xustifícase pola necesidade de articular unha relación de postos de traballo inicial dos postos de estrutura da axencia logo da súa constitución e posta en funcionamento.

En consecuencia, por proposta da Axencia Galega de Innovación, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 31 de outubro de 2013, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 31 de outubro de 2013, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Consellería de Economía e Industria

Relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación:

Amortizacións:

– Suprímense os seguintes postos de traballo:

CÓDIGO DO POSTO

DENOMINACIÓN DO POSTO

GRUPO

NIVEL/CATEG.

IN.C03.00.001.15770.001

SUBDIRECTOR/A XERAL DE XESTIÓN DO PGIDIT

A1

30

IN.C03.00.001.15770.008

SERVIZO DE XESTIÓN ADMTVA. E ECONÓMICA DO PGIDIT

A1-A2

28A

IN.C03.00.001.15770.040

SERVIZO DE FORM. E CONSOLID. DE INVEST. E TECNÓLOGOS

A1-A2

28A

IN.C03.00.002.15770.001

SUBDIRECTOR/A XERAL DE INNOVACIÓN EMPRESARIAL

A1

30

IN.C03.00.002.15770.031

XEFE/A SERVIZO DE XESTIÓN TÉCNICA

A1-A2

28A

IN.C03.00.002.15770.040

SERVIZO GALEGO PROPIED. INDUST. E INNOV. EMPRES.

A1-A2

28A

Creacións:

– Na relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación engádense os seguintes postos de traballo de nova creación:

Persoal directivo profesional

Código do posto

Denominación

Nivel

Forma prov.

Subgrupo

Tipo de persoal

Titulación académica

Formación específica

Observacións

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

CENTRO DE DESTINO: ÁREA DE CRECEMENTO E VALORIZACIÓN

IN.A11.00.001.15770.001

DIRECTOR/A ÁREA DE CRECEMENTO E VALORIZACIÓN

2

PD

A1

FUNCIONARIO

Artigo 79 da Lofaxga//Decreto 119/2012, do 3 de maio

CENTRO DE DESTINO: ÁREA DE FINANCIAMENTO

IN.A11.00.002.15770.001

DIRECTOR/A ÁREA DE FINANCIAMENTO

2

PD

A1

FUNCIONARIO

Artigo 79 da Lofaxga//Decreto 119/2012, do 3 de maio

Persoal funcionario

Código do posto

Denominación

Niv.

Complem. específico

Tipo posto

Forma prov.

Subgrupo

Corpo/escala

Adscr. Adm. P.

Titulación académica

Formación específica

Observacións

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN (GAIN)

CENTRO DE DESTINO: DIRECCIÓN DA AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

IN.A11.00.000.15770.022

POSTO BASE SUBGRUPO A1

20

6.083,52

N

C

A1

XERAL

AXG

OCUPADO POR PERSOAL LABORAL INDEFINIDO NON FIXO

IN.A11.00.000.15770.025

POSTO BASE SUBGRUPO A1

20

6.083,52

N

C

A1

XERAL

AXG

OCUPADO POR PERSOAL LABORAL INDEFINIDO NON FIXO

IN.A11.00.000.15770.050

XEFATURA DIVISIÓN DE ADMINISTRACIÓN E CONTRATACIÓN

28

13.698,72

S

LD

A1-A2

XERAL

AXG

CENTRO DE DESTINO: ÁREA DE CRECEMENTO E VALORIZACIÓN

IN.A11.00.001.15770.050

XEFATURA DIVISIÓN DE XESTIÓN DA INNOVACIÓN

28

13.698,72

S

LD

A1-A2

XERAL/ESPECIAL

AXG

CENTRO DE DESTINO: ÁREA DE FINANCIAMENTO

IN.A11.00.002.15770.050

XEFATURA DIV. ASES., PROGR. FINAN. INVEST.ESTRATEX.

28

13.698,72

S

LD

A1-A2

XERAL/ESPECIAL

AXG

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

LD LIBRE DESIGNACIÓN.

PD PERSOAL DIRECTIVO.

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

640 PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.).

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

AXG ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA.

A11 ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA.