Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43369

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2013 pola que se convocan cursos de formación continua na modalidade de teleformación dirixidos aos/ás policías locais de Galicia e a persoal da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Dentro das actividades programadas para o ano 2013 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, e de acordo co establecido na cláusula 2ª do convenio de colaboración asinado o día 15 de xaneiro de 2013 coa Escola Galega de Administración Pública para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, anúnciase a convocatoria dos seguintes cursos de formación continua para o persoal dos corpos da policía local de Galicia e da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, na modalidade de teleformación:

1. Datos das actividades.

Tipo

Curso

Denominación

Aplicacións informáticas para bases de datos relacionais (Microsoft Access 2010)

Modalidade

En liña

Edicións

1

Horas lectivas

50

Prazas

40

Tipo

Curso

Denominación

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Excel 2010)

Modalidade

En liña

Edicións

1

Horas lectivas

50

Prazas por edición

40

Tipo

Curso

Denominación

Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información (Microsoft Powerpoint 2010)

Modalidade

En liña

Edicións

1

Horas lectivas

30

Prazas por edición

40

Tipo

Curso

Denominación

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Word 2010)

Modalidade

En liña

Edicións

1

Horas lectivas

30

Prazas por edición

40

Tipo

Curso

Denominación

Avanzado de protección de datos

Modalidade

En liña

Edicións

1

Horas lectivas

40

Prazas por edición

30

Tipo

Curso

Denominación

Negociación e traballo en equipo

Modalidade

Mixta (online + presencial)

Edicións

1

Horas lectivas

30

Prazas por edición

30

Datas

Do 25 de novembro ao 13 de decembro de 2013

Clases presenciais

27 de novembro e 11 de decembro de 2013

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/ás:

Persoal da policía local de Galicia e da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de quedar prazas vacantes, poderán cubrirse con persoal das forzas e corpos de seguridade do Estado que desenvolvan as súas funcións en Galicia, e que o solicitasen previamente.

3. Desenvolvemento da actividade.

Todas as edicións dos cursos se desenvolverán do seguinte xeito:

• Lugar: a través da plataforma de formación en liña.

• Horario: segundo disposición e necesidade do alumnado.

• Data de comezo: 25 de novembro de 2013.

4. Cuestionarios e tarefas.

Durante o desenvolvemento dos cursos, o alumnado participante deberá cubrir unha serie de cuestionarios e tarefas de acordo cun calendario de presentación; a non realización dalgún no prazo establecido será sancionada coa baixa no curso. No suposto de que os exercicios non acaden un nivel de exixencia mínimo segundo o criterio do profesor, farase unha primeira advertencia ao alumnado e, de non atender a indicación, poderá ser dado de baixa no curso.

Os cuestionarios, agás a proba presencial final, e a realización tarefas faranse a través da plataforma de formación en liña.

5. Requirimentos técnicos mínimos para os equipos do alumnado.

Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da Agasp (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónica ou e-learning) son de nivel básico:

Aspectos recomendables para o PC:

• A configuración mínima dun PC doméstico (en xeral, calquera con menos de cinco anos) é suficiente.

• Preferentemente conexión á internet de banda larga e un antivirus actualizado.

• Navegador: Mozilla Firefox 2 (recomendado) ou Internet Explorer 6.0 ou superior.

• Ter Javascript e cookies activadas no navegador.

• Para ver os documentos en PDF necesítase ter instalado Acrobat Reader.

• Para que funcionen algúns elementos correctamente necesítase ter instalado o Adobe Flash Player.

6. Proba final.

En virtude do establecido no artigo 6.3 do Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, as probas finais dos cursos de informática serán realizadas por persoal da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

As probas presenciais finais realizaranse na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (Avda. da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra). A súa data notificarasecoa antelación suficiente e, polo menos, con dez días hábiles de anticipación.

Excepcionalmente e por razóns debidamente xustificadas que impidan acudir á proba na data fixada, poderase solicitar acudir á proba extraordinaria.

Aqueles alumnos que se presenten á proba ordinaria e non a superen non terán dereito a presentarse á proba extraordinaria.

7. Inscrición.

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá inscribirse na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es

Non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

b) Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario da páxina web da Agasp. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

c) O prazo de inscrición é de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A inscrición poderá realizarse ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que reúnan os requisitos dun curso, poderá completarse o alumnado asignado a este mediante a apertura dun novo prazo público de presentación de solicitudes na páxina web da Agasp, con suficiente antelación para que teña lugar unha adecuada selección das persoas candidatas.

d) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 10, do fax 886 20 61 22 ou do enderezo de correo electrónico formacion.agasp@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

e) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

8. Criterios de selección do alumnado participante:

a) Menor número de cursos realizados polo/a alumno/a solicitante nos últimos dous anos, segundo conste nas bases de datos da academia, e non ter feito con anterioridade o curso que se convoca.

b) A igual número de cursos terá preferencia o alumnado que leve máis tempo sen participar nas actividades da academia.

c) Antigüidade.

Reservarase o 50 % das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria, segundo o disposto no artigo 37.bis da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. De non existir suficientes solicitudes de participación de mulleres, as prazas sobrantes acrecentarán as da quenda xeral.

9. Publicación das relacións do persoal seleccionado.

A Agasp publicará na súa páxina web http://agasp.xunta.es unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 59.6 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Ademais, para unha maior difusión serán informados da súa selección a través do correo electrónico e tamén, para quen facilite un número de teléfono móbil, a través de mensaxe telefónica.

De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con polo menos 48 horas de antelación ao seu comezo. A devandita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación. agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 20 61 22.

10. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado pola Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro ).

11. Certificado de aproveitamento.

Unha vez rematado o curso e feita a avaliación correspondente, expediranse os certificados de aproveitamento aos alumnos que cumpran as seguintes exixencias:

• Visualización dos contidos.

• Superación dos cuestionarios.

• Realización das tarefas segundo as exixencias indicadas.

• Superación da proba presencial final presencial do conxunto do curso.

13. Facultades da Agasp.

A Agasp poderá modificar o desenvolvemento normal das actividades para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá suprimir os cursos, ampliar novas edicións ou suspendelos temporalmente, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia.

Na páxina web da Agasp, publicaranse todos os datos precisos das accións formativas que se convocan nesta resolución.

A Estrada, 4 de novembro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de ASeguridade Pública