Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43481

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación (2060-440).

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo; b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Fomento. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo; teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 2060-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: humanización da rúa Ferreiros, fase 1, entre praza M. Diego Santos e rúa Ramón Antonio Álvarez. c) División por lotes e número de lotes: non. d) Lugar de execución: concello de Vigo. e) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 165.782,48 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: non se exixe.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 13 días seguintes ao da publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: si. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

10. Observacións: os contratistas terán que acreditar o pagamento aos subcontratistas de acordo co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Vigo, 30 de outubro de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación