Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43404

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (91/2009).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria judicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución 91/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Omar Alfredo Bussolari contra a empresa Mallo y Fuentes e o empresario Juan Mallo Fuentes, se ditou decreto do 28 de novembro de 2012, declarado firme o día 14 de outubro de 2013, polo cal se declarou a insolvencia parcial, que se entenderá para todos os efectos como provisional, do executado Juan Mallo Fuentes (DNI 33277177H) pola suma de 1.478,88 euros, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da Lei de xurisdición social.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2013

A secretaria xudicial