De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan a resolución ditada na reclamación de responsabilidade patrimonial devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puideron efectuar.
Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.
Fáiselles saber que contra a devandita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia dos interesados, se é o caso; sen prexuízo de que, con carácter previo e potestativo, poida presentar recurso de reposición ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación.
E para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2013
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas
ANEXO
Expediente |
Reclamante/Representado |
Tipo de resolución |
O-2007/0288 |
Alfonso Pérez Santos en representación de Benito Estévez Fernández |
Ter por desestido |
O-2007/0291 |
Alfonso Pérez Santos en representación de Carlos Muíña Pérez |
Ter por desestido |
RP/12/00091 |
Víctor Manuel Pereiro Lorenzo |
Ter por desestido |