Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores por infracción da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, e da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (CON-CO-0005/2013-V e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 8º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 14 de outubro de 2013

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: CON-CO-0005/2013-V.

Denunciado: Alfredo Tubío González.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: CON-CO-0009/2013-V.

Denunciada: Elena García García

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: PES-CO-0050/2013-V.

Denunciado: Jesús Manuel Prado Ramos.

Acto de notificación: acordo de iniciación.