Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 6 de novembro de 2013 Páx. 43457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 22 de outubro de 2013 polo que se empraza a sociedade interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 32007/2013.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo o 13 de setembro de 2013.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo, con enderezo na avenida de Zamora, nº 13, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 22 de outubro de 2013

Miriam Areal López
Xefa do Servizo de Consumo

ANEXO

Expediente: 32007/2013.

Interesada: Medical System Proyect, S.L.

NIF: B86165602.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.