Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43185

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 5 de setembro de 2013 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de agosto de 2013 polo que se aproba o Plan de seca da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.

Advertido erro na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 191, do 7 de outubro de 2013, procede realizar a seguinte corrección:

Na páxina 39827, no parágrafo sétimo da resolución, onde di: «... páxina electrónica do organismo de bacía: www.augasdegalicia.es», debe dicir: «... páxina electrónica do organismo de bacía: http://augasdegalicia.xunta.es».