Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2013 de modificación das datas límite de presentación de ofertas e de apertura do sobre B previstas na Resolución do 23 de setembro de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con varios criterios de valoración e trámite ordinario da licitación, para a adxudicación do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada de servizo de apoio técnico á dirección dos traballos de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa 2013-2015 (clave OH.088.341.SV), por razón da corrección do cadro de características do contrato.

Como resultado do erro de transcrición numérica cometido no número 6.2 do cadro de características do contrato publicado no perfil do contratante, procedeuse a súa corrección no sentido de que o importe total sen IVE dos servizos ou traballos análogos ao obxecto do contrato, como solvencia técnica e profesional, deberá acadar individualmente ou no seu conxunto polo menos un 30 % do importe do orzamento base de licitación sen IVE e non do 20 % indicado, sendo publicado o CCC emendado no dito perfil, o que implica facer a modificación na Resolución do 23 de setembro de 2013, publicada no DOUE nº 2013/S 186-321175, do 25 de setembro de 2013, no DOG nº 185, do 27 de se-tembro e no BOE nº 235, do 1 de outubro, no que se refire ás datas límite de presentación de ofertas e de apertura do sobre B. Así, no DOG citado:

– Na páxina 38262, na liña 13, referida á data límite de presentación de ofertas ou de solicitudes de participación, onde di: «a) Data límite de presentación: 18 de novembro de 2013», debe dicir: «a) Data límite de presentación: 30 de decembro de 2013».

– Na páxina 38263, na liña 6, referida á data e hora de apertura do sobre B, onde di: «d) Data e hora: 28 de novembro de 2013», debe dicir: «d) Data e hora: 14 de xaneiro de 2014».

Mantense invariable o resto do contido do anuncio de licitación non afectado pola presente modificación.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2013

P.D. (Resolución 30.1.2012, DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia