Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 18 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á empresa Pedra País, S.L. o requirimento de actuacións para realizar no permiso de investigación Pedra País 01, número 2938, localizado nos termos municipais de Fornelos de Montes e Mondariz (Pontevedra).

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícaselle á empresa Pedra País, S.L. o requirimento de actuacións da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, do 5 de setembro de 2013, para realizar no permiso de investigación Pedra País 01 número 2938, localizado nos termos municipais de Fornelos de Montes e Mondariz (Pontevedra).

Comunícase que o dito requirimento se encontra á súa disposición, no prazo de 10 días, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo de Enerxía e Minas das dependencias desta xefatura territorial, situadas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º andar, Pontevedra.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 18 de outubro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra