Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Samos (expediente IN407A 2013/6-2, 8089 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle (Ourense).

Denominación: LMT, CT, RBT Santalla de Abaixo-Santalla de Arriba.

Situación: concello de Samos.

Características técnicas:

– Liña de media tensión aeréa a 20 kV con orixe no apoio existente nº D64-69, situado entre os CT existentes Telefónica Castro de Moura (27PH53) e Vilela (27C869) e final no CT intemperie proxectado Santalla de Abaixo, cunha lonxitude de 2.210 metros, en conductor LA-56.

– Liña de media tensión aeréa a 20 kV con orixe no apoio nº 11 da LMTA proxectada no punto anterior e final no CT intemperie proxectado Santalla de Arriba, cunha lonxitude de 61 metros, en condutor LA-56.

– CTI Santalla de Abaixo, cunha potencia proxectada de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– CTI Santalla de Arriba, cunha potencia proxectada de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Autotransformador elevador no lugar de Santalla de Abaixo, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 400/230 V-960 V.

– Transformador redutor no lugar de Gamiz, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 960 V-400/230 V.

– Liña de baixa tensión aérea con orixe no CTI de Santalla de Abaixo, pasa polo autotransformador elevador de Santalla de Abaixo e polo transformador reductor de Gamiz, cunha lonxitude de 308 metros, en condutor RZ tensado sobre apoios de formigón e de madeira.

– Liña de baixa tensión aérea con orixe no CTI de Santalla de Arriba, cunha lonxitude de 134 metros, en condutor RZ tensado sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 9 de outubro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo