Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2013/120-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS liña cero Vilalonga-O Grove fase III.

Situación: O Grove.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ1 en 5 tramos:

– Liña cero Vilalonga-O Grove fase III: lonxitude: 1.660 metros; orixe: LMTS entre subestación Vilalonga e CT A Graña; final: CT edf. Torre.

– Lonxitude: 72 metros; orixe: LMTS entre os CT edf. Barqueiras e Luis Casais; final: LMTS entre os CT O Mariño e Jaime Sola.

– Lonxitude: 72 metros; orixe: LMTS entre os CT O Mariño e rúa Hospital O Grove; final: LMTS entre os CT edf. Barqueiras e Luis Casais.

– Lonxitude: 145 metros; orixe: CT rúa Hospital O Grove; final: CT Jaime Sola.

– Lonxitude: 87 metros; orixe: LMTS entre os CT Luis A. Mestre e edf. Torre; final: CT edf. Torre.

A instalación está situada na zona de San Martiño, O Grove.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción desta resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 9 de outubro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra