Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de animais potencialmente perigosos (expediente ANP-LU-0019/2013-V e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións do procedemento.

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes aos últimos enderezos coñecidos dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992. Transcorrido este prazo sen se ter presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2013

P.S. (Disposición adicional 1ª Decreto 44/2012,
do 19 de xaneiro; DOG número 16, do 24 de xaneiro)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: ANP-LU-0019/2013-V.

Interesado: Pablo Sangiao Pena.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo: avenida da Coruña, nº 380, P.2A, 27003 Lugo.

Expediente: ANP-OU-0007/2013-V.

Interesado: Roberto Montoya Montolla.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo: A Veronza, Carballeda, 32400 Carballeda de Avia, Ourense.

Expediente: ANP-OU-0006/2013-V.

Interesado: José Armando del Risco Gutiérrez.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo: rúa do Mercado, nº 52, 32001 Ourense.