Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 5 de novembro de 2013 Páx. 43325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de outubro de 2013, da Xefatura de Área da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de acordo de iniciación de desafiuzamento administrativo por ocupación sen título legal que se relaciona (expediente c-2002/010, conta 64).

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, e logo de comprobarse a desocupación da vivenda, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcurrido o dito prazo sen se ter efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 14 de outubro de 2013

Luis G. Eirís Puñal
Xefe de Área da Coruña

ANEXO

Expediente: C-2002/010, conta 64 (desafiuzamento ocupación sen título 3/13).

Interesado: David Carlos Vázquez Regueira e outros.