Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 4 de novembro de 2013 Páx. 43116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salceda de Caselas (expediente IN407A 2013/213-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Polígono Industrial Chan da Ponte, parc. 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: cambio situación e ampliación potencia CT traída augas.

Situación: Salceda de Caselas.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 17 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da LMTA Salceda, Igrexa e final no centro de transformación Salceda, traída augas, na nova posición (a 15 metros da anterior). Ampliación de potencia do citado centro a 160 kVA, RT 20 kV/230-400 V. A instalación está situada nas Pontes, Santa María de Salceda, Salceda de Caselas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo; avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 2 de outubro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra