Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Polígono Industrial Chan da Ponte, parc. 19, 36450 Salvaterra de Miño.
Denominación: reforma e ampliación potencia CT Budiño-Gándara.
Situación: O Porriño.
Características técnicas: reforma e ampliación de potencia a 100 kVA, RT 20 kV/23-420 V, do centro de transformación Budiño-Gándara, situado no lugar das Gándaras, San Salvador de Budiño, O Porriño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo; avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 2 de outubro de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra