Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42874

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO sobre a desistencia do procedemento de contratación do servizo de limpeza dos edificios e instalacións municipais.

En relación coa licitación do contrato de limpeza dos edificios e instalacións municipais (expediente 360/12), que foi publicada no Diario Oficial de la Unión Europea do 17.4.2013, no Boletín Oficial del Estado do 4.5.2013, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 15.6.2013, no Diario Oficial de Galicia do 16.5.2013 e no perfil do contratante do Concello de Marín, tendo como data de vencemento do prazo de presentación de ofertas o día 6 de xuño de 2013, infórmase que, debido á subscrición pola actual prestataria do servizo de acordos que alteran as condicións laborais dalguns dos traballadores afectados pola subrogación, estando en curso a licitación, co fin de poder proporcionar aos candidatos ou licitadores toda a información necesaria para poder avaliar con total precisión os custos laborais que implicará a subrogación, e conforme o previsto no artigo 155 do Real decreto legislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, o Concello de Marín adoptou a decisión de desistir do procedemento, sen renunciar por isto a convocar unha nova licitación, prohibindo expresamente á empresa que vén realizando a prestación do servizo efectuar cualquera alteración das condicións dos traballadores aos cales afecta a subrogación en prexuízo dos demais licitadores.

Marín, 30 de agosto de 2013

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa