Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42876

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO da licitación do contrato mixto de servizos de saneamento e mantemento da rede de datos.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría.

2) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

4) Teléfono: 981 69 14 78.

5) Telefax: 981 69 17 86.

6) Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2013/050.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: mixto de servizos e subministración.

b) Descrición: servizos de saneamento e mantemento da rede de datos do Concello de Oroso.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

1) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

2) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo de execución/entrega:

Arrendamento do hardware e software: 2 anos.

Mantemento da solución: 2 anos.

e) Admisión de prórroga:

Arrendamento do hardware e software: improrrogable.

Mantemento da solución: si, prorrogable por anualidades ata un máximo de catro anos (2+1+1), incluído o período inicial do contrato.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver artigo 12 do prego.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 30.000 euros, IVE (21 %): 6.300 euros. Importe total: 36.300 euros.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: véxase artigo 4 do prego.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

2) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

9. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 25 de outubro de 2013

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde