Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42866

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de licitación da xestión da piscina municipal.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Boiro.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato: xestión do servizo público de piscina cuberta climatizada mediante concesión.

3. Prazo de execución: tres anos.

4. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración.

5. Orzamento de licitación: tendo en conta as características do contrato, non se establece orzamento de licitación.

6. Garantía provisoria: 6.000,00 €.

7. Garantía definitiva: 12.000,00 €.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: segundo o establecido nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Lugar de presentación: Rexistro do Concello.

b) Data límite de presentación de ofertas: dentro do prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

c) Presentarase a documentación segundo o establecido na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Outra información: teléfono 981 84 48 00; fax 981 84 40 08.

Perfil do contratante: www.boiro.org

Boiro, 25 de outubro de 2013

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde