Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42711

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 24 de outubro de 2013 pola que se convocan para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva, axudas á paralización definitiva das actividades pesqueiras dos buques pesqueiros incluídos en censos de caladoiros internacionais e terceiros países.

Mediante a Orde do 23 de abril de 2013 (DOG núm. 88, do 8 de maio), establecéronse as bases reguladoras para a concesión das axudas á paralización definitiva dos buques pesqueiros, en virtude do Regulamento (CE) nº 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo de Pesca (FEP). Nesa orde convocábanse as axudas para os buques afectados por plans de axuste do esforzo pesqueiro distintos do Plan de xestión do caladoiro Cantábrico-noroeste e o Plan de desmantelamento.

Por outra banda, o Real decreto 1362/2011, do 7 de outubro, polo que se establece un Plan nacional de desmantelamento (BOE núm. 243, do 8 de outubro), establece que o devandito real decreto ten a consideración de Plan nacional de axuste do esforzo pesqueiro, para efectos do artigo 21 do Regulamento (CE) nº 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca, e do Plan nacional de desmantelamento do artigo 23.2 do mesmo texto legal. Polo tanto, o devandito real decreto faculta a existencia de axudas á paralización definitiva aos buques incluídos no novo plan de axuste do esforzo pesqueiro, isto é, no Plan nacional de desmantelamento de buques españois incluídos en censos de caladoiros internacionais e de terceiros países. Así mesmo, o artigo 4 do Real decreto 1362/2011 dispón que as paralizacións definitivas poden ser obxecto de axuda con cargo a fondos públicos da UE e nacionais, tal como establece o Regulamento nº 1198/2006 para este fin. O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente transferirá nos anos 2011, 2012, 2013 ás comunidades autónomas implicadas as cantidades necesarias para financiar o plan. O devandito real decreto establece tamén que será a comunidade autónoma quen realice as correspondentes convocatorias de axudas en réxime de concorrencia competitiva.

A orde reguladora das axudas (Orde do 23 de xuño de 2013) establece no artigo 3 que o crédito anual existente se fixará en cada orde de convocatoria e no artigo 11 que os criterios de selección poderán ser modificados en cada convocatoria. Por todo o anterior, procede realizar unha convocatoria específica de axudas á paralización definitiva destinada exclusivamente a aqueles buques incluídos nos censos antes mencionados, como así o establece o real decreto, fixando o crédito orzamentario, así como os criterios de selección que se van aplicar.

Artigo 1. Obxecto

Convócanse para o exercicio 2013 axudas á paralización definitiva das actividades pesqueiras dos buques pesqueiros con porto base en Galicia incluídos en censos de caladoiros internacionais e de terceiros países que se rexerán polas bases e condicións e de acordo co procedemento establecido na Orde do 23 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras destas axudas (DOG núm. 88, do 8 de maio).

Artigo 2. Crédito orzamentario

1. Para o ano 2013 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 12.30.723A.770.1 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para ese ano, con un importe de 3.460.026,95 €.

2. O importe fixado no punto anterior deste artigo poderase ampliar con fondos xerados ou incorporados procedentes das transferencias do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para esta finalidade, sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

3. As axudas estarán limitadas, en todo caso, ás dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 3. Prazo de presentación de solicitudes

1. Para esta convocatoria de 2013 o prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Neste caso, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través de formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

3. Alternativamente tamén se poderán presentar as solicitudes en formato papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. A documentación complementaria indicada no artigo 8, punto 3, da orde reguladora destas axudas (Orde do 23 de abril de 2013) poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Artigo 4. Criterios de selección para as axudas de buques incluídos nos censos de caladoiros internacionais e de terceiros países

1. Para a convocatoria do ano 2013, e só para as axudas destinadas a buques incluídos nos censos de caladoiros internacionais e de terceiros países, os criterios de selección serán os seguintes:

a) Buques que pertenzan a censos de caladoiros internacionais: 10 puntos.

b) Buques que pertenzan a censos de caladoiros en terceiros países: 8 puntos.

c) Idade do buque: desde os 20 e ata os 30 anos ou máis: 1 punto por ano. Ademais, aos maiores de 30 anos e ata 50 anos engadiranse 0,25 puntos por ano.

2. En caso de empate entre buques maiores de 20 anos, terá prioridade o máis antigo, e de manterse o empate, terá prioridade o buque de máis arqueo, de persistir o empate terá prioridade o que teña máis kW. Se o empate é entre buques de 20 anos ou menos, terá prioridade o de máis arqueo e, de manterse o empate, o de máis kW.

Disposición adicional única

Non se poderán presentar a esta convocatoria os buques que estean incluídos en plans de recuperación, plans de xestión, medidas de urxencia, ou como consecuencia da non renovación dun acordo de pesca ou outras medidas adoptadas polos estados membros, todas elas recollidas nos artigos 5 a 10 do Regulamento (CE) nº 2371/2002 do Consello, do 20 de decembro, sobre a conservación e a explotación sustentable dos recursos pesqueiros en virtude da política pesqueira común.

Disposición transitoria única

Esta convocatoria específica para os buques pesqueiros incluídos en censos de caladoiros internacionais e terceiros países está financiada con transferencias finalistas do Estado. Porén, deben cumprir todas as condicións e requisitos establecidos no Fondo Europeo de Pesca, posto que a Secretaría Xeral do Mar será receptora do reembolso do devandito fondo comunitario, xa que o Plan nacional de desmantelamento ten a consideración de Plan nacional de axuste do esforzo pesqueiro, e o seu seguimento efectuarase a través dos informes anuais de execución do Fondo Europeo de Pesca e disporá dos indicadores recollidos no devandito informe.

Disposición derradeira única.

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2013

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file