Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 16 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifican dúas resolucións de expedientes sancionadores en materia de caza (expedientes CAZ-OU-0038/2013 e CAZ-OU-0081/2013).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícanselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións do procedemento.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas no San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitiráselles, así mesmo, aos concellos correspondentes aos últimos enderezos coñecidos dos interesados, en aplicación do artigo 59.5º da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que non finaliza a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992. Transcorrido este prazo sen terse presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2013

P.S. (Disposición adicional 1ª Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro;
DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: CAZ-OU-0038/2013.

Interesado: Manuel Domínguez Quintas.

Acto de notificación: resolución de procedemento.

Último enderezo: rúa Nazaret, 50, 4, 3º, 08902 Hospitalet de Llobregat (Barcelona).

Expediente: CAZ-OU-0081/2013.

Interesado: Manuel Ríos Ríos.

Acto de notificación: resolución de procedemento.

Último enderezo: Daniel Castelao, 21, bloque 6, porta esquerda, 36959 Moaña (Pontevedra).