Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 31 de outubro de 2013 Páx. 42859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 17 de outubro de 2013, do Servizo Provincial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia na segunda citación (expediente 27R001/805/2013).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 17 de outubro de 2013

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 27R001/805/2013.

Interesada: Caravanas Carbón, S.L.

NIF: B-36134898.

Acto notificado: segunda citación.