Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2013, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se acorda dar publicidade ao cambio de titularidade efectuado na parcela número 1088 do expediente expropiatorio iniciado con ocasión das obras treito 2 vía Ártabra V.G. 1.3: enlace Meirás-Veigue (AC-526). Clave AC/04/156.01.2, no termo municipal de Oleiros, ao non ser posible a práctica da notificación individual, segundo o artigo 59.5 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Con data 17 de setembro de 2013 dítase resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Axencia Galega de Infraestruturas, do Servizo Provincial da Coruña, de cambio de titularidade do predio número 1088, a favor de Francisco José Couto Rodríguez e María Vanesa Couto Rodríguez.

Contra a dita resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a directora da Axencia Galega de Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación. Poderá presentarse directamente ante a dita autoridade ou neste servizo provincial.

Para estes efectos poderase consultar o texto íntegro da resolución no taboleiro de anuncios do Concello de Oleiros.

A Coruña, 3 de outubro de 2013

Antonio López Blanco
Xefe do Servizo Provincial da Coruña