Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2013 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo para o desenvolvemento dun sistema de intelixencia de negocio (BI) no eido de gandaría e explotacións agrarias da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 51/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 51/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento e implantación de funcionalidades de intelixencia de negocio (BI) en distintos ámbitos competencias de produción agropecuaria da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 12 meses contados a partir da data de formalización do contrato. Antes da súa finalización, este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 123.966,95 €, máis 26.033,05 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 150.000,00 €, distribuíndose nas seguintes anualidades:

▪ 2013: 16.528,93 € + IVE (3.471,07 €) = 20.000,00 €.

▪ 2014: 107.438,02 € + IVE (22.561,98 €) = 130.000,00 €.

Este proxecto poderá ser financiado nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e nun 20 % co Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13.

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19762

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 3.12.2013.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Dirección: Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de los anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 24.10.2013.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia