De conformidade co artigo 12 do Decreto 125/2012, do 10 de maio, polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no ámbito do sector agrario na Comunidade Autónoma de Galicia, procédese á exposición pública das parcelas propostas nos concellos onde están radicadas para que os veciños poidan trasladar toda a información que consideren relevante relativa á situación de mananciais, puntos de captación e condicións non inventariadas.
O prazo para efectuar as ditas alegacións entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio e rematará transcorridos vinte días. A listaxe de parcelas atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar nos taboleiros de anuncios dos concellos da Pastoriza, Abadín, Agolada, Antas de Ulla, Aranga, Arzúa, Barreiros, Boimorto, Boqueixón, Carballedo, Castro Caldelas, Castro de Rei, Castroverde, Cerceda, Chantada, Coristanco, Cospeito, Curtis, Dozón, Forcarei, Frades, Friol, Guitiriz, Guntín, Lalín, Láncara, Lousame, Lugo, Mazaricos, Meira, Melide, Mesía, Monforte de Lemos, Monterroso, Muxía, O Corgo, O Páramo, O Pino, O Saviñao, Ordes, Oroso, Ortigueira, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Parada de Sil, Pol, Portomarín, Ribadeo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Santiago de Compostela, Santiso, Sarria, Silleda, Sober, Sobrado, Taboada, Toques, Touro, Trazo, Vila de Cruces, Vilalba, Vilamarín, Vilasantar e Xermade.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2013
Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria