Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42514

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación de ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Academia A Mariña.

3. Data: os días 9, 16 e 30 de novembro de 2013.

4. Lugar de celebración: autoescola Puente Linares, rúa Dos de Mayo, nº 12, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

5. Número de prazas: máximo 30 alumnos.

6. Dirixido a todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 9.11.2013

9.00-11.30 h

Biocidas. Descrición e xeneralidades.

11.30-14.00 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

15.00-18.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria e os métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación dos biocidas.

Día 16.11.2013

9.00-10.30 h

Prácticas: primeiros auxilios ante a intoxicación por biocidas.

10.30-14.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

15.00-18.00 h

Prácticas: técnicas de aplicación de biocidas. Preparación de disolucións.

Día 30.11.2013

9.00-11.00 h

Praguicidas e ambiente. Problemas que presentan. Destrución de envases.

11.00-14.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas. Repaso xeral. Realización do exame.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas Nivel básico

Entidade organizadora: Academia A Mariña.

Datas: os días 9, 16 e 30 de novembro de 2013.

Lugar de celebracion do curso: autoescola Puente Linares, rúa Dous de Maio, nº 12, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de exame.

Horario: das 9.00 ás 14.00 e das 15.00 ás 18.00 horas, agás o día 30 de novembro que será das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº de prazas: máximo 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

• Enviarase a ficha de inscrición a Academia A Mariña, avda. Arcadio Pardiñas, 44, ent., 27880 Burela (Lugo) a atención de Ramón Hermida Pumares.

• Teléfono: 982 58 50 98; fax: 982 57 51 01; correo electrónico: formacion@amarina.org, acompañada de fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso na conta Academia A Mariña de Novagalicia Banco co número 2080 0109 17 3040018023.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

NOME E APELIDOS...............................................................................................................................................

DATA DE NACEMENTO.........................................................................................................................................

NIF/DNI..................................................................................................................................................................

ENDEREZO...........................................................................................................................................................

CP........................................... LOCALIDADE........................................................................................................

TELÉFONO............................................... CORREO ELECTRÓNICO..................................................................