Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se notifica resolución no procedemento L/D/2/2013.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio resolución de dedución de haberes no procedemento L/D/2/2013.

O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Subdirección Xeral de Persoal da Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2013

Alfonso García Margariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: L/D/2/2013.

Interesado: José Manuel Taboada López.

Acto de notificación: resolución dedución haberes.

Último domicilio coñecido: Rúa Laxe, número 10, 1º. San Cibrao das Viñas, Ourense.