Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 29 de outubro de 2013 Páx. 42423

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Diana Pintos Fernández.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 243/2013 (procedemento abreviado), interposto por Diana Pintos Fernández fronte á Resolución do 13 de xuño de 2013 da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto fronte á Resolución do 26 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría sanitaria de enfermeiro/a (DOG número 87, do 7 de maio).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos