Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42386

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de información pública sobre compravenda de materiais de construción, parque de maquinaria e ferraxaría na Peroxa (Moreira).

María Concepción Rodríguez Domínguez, en representación de Excavaciones Rodríguez Domínguez, S.L., solicitou desta alcaldía licenza municipal para actividade de compravenda de materiais de construción, parque de maquinaria e ferraxaría, que se situará na Peroxa, nº 1, parroquia de Moreira, neste municipio. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideran oportunas.

Ponteareas, 22 de outubro de 2013

Salvador González Solla
Alcalde