Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a seguir sen que fose posible, por medio desta cédula, e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Faiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada, ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
Expediente: RL 2001/644-1.
Acta inf.: I152013000033789 (I-II-III).
Empresa: Construcciones Hermanos Pereira Tajes, S.L. (II).
NIF: B15302086.
Enderezo: rúa Tras do Muíño 5 4º D, Edificio Hermanos Pereira, 15129 Vimianzo.
Materia: seguridade e hixiene (investigación accidente de traballo).
Normativa infrinxida: punto 11.b) do anexo IV, parte C, e artigos 7.3 e 11.2 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, e artigo 24.3 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.
Tipificación: artigos 5.2 e 12.16.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.1 e 40.2.b) do dito texto legal.
Segundo o disposto no artigo 42.3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, apréciase responsabilidade solidaria das empresas Oreiro Angües, José (I) e UTE Cosmo (III).
Data da resolución: 23.8.2013.
Resolución: reducir a acta de infracción e impoñer á empresa Construcciones Hermanos Pereira Tajes, S.L. (II), solidariamente coas empresas Oreiro Angües, José (I) e UTE Cosmo (III), unha sanción por dous mil corenta e seis euros (2.046 €).
Expediente: RL 2013/152-1.
Acta inf.: I152013000033890.
Empresa: Interesteel Solutions, S.L.
NIF: B15948706.
Enderezo: rúa dos Xuncos, s/n, Vilanova, 15173 Oleiros.
Materia: seguridade e hixiene (investigación accidente de traballo).
Normativa infrinxida: artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en relación cos artigos 30 e 31.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e capítulos I, II e III do Real decreto 39/1998, do 17 de xaneiro.
Tipificación: artigo 12.15.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39 e 40.2 do dito texto legal.
Data da resolución: 10.7.2013.
Resolución: reducir a acta de infracción e impoñer á empresa Interesteel Solutions, S.L. unha sanción por importe de catrocentos cinco euros (405 €).
Expediente: RL 2013/155-1.
Acta inf.: I152013000035611.
Empresa: Marcelo Gómez Gerpe.
NIF: 32833902E.
Enderezo: rúa Arzobispo Gelmírez 2 4º A, 15144 Arteixo.
Materia: traballo (contrato en fraude de lei).
Normativa infrinxida: artigo 12 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en relación co artigo 1 do Real decreto lei 15/1998, do 27 de novembro, e artigo 6.4 do Código civil.
Tipificación: artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.1, 39.2 e 40.1.b) do dito texto legal (falta grave en grao medio).
Data da resolución: 19.8.2013.
Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñerlle á Marcelo Gómez Gerpe unha sanción por importe de mil cincocentos euros (1.500 €).
Expediente: RL 2013/302-1.
Acta inf.: I152013000062081.
Empresa: Mantenimientos Hércules, S.L.
NIF: B70330840.
Enderezo: rúa Comandante Fontanes 6, 15003 A Coruña.
Materia: obstrución (incomparecencia á citación da Inspección de Traballo e Seguridade Social).
Normativa infrinxida: Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39.2 e 40.1.b) do dito texto legal.
Data da resolución: 20.9.2013.
Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Mantenimientos Hércules, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).
Expediente: RL 2013/335-1.
Acta inf.: I152013000065014.
Empresa: Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L.
NIF: B70286521.
Enderezo: urbanización Adeza 11-B, 15621 Cabanas.
Materia: traballo (falta de aboamento dos salarios).
Normativa infrinxida: artigos 4.2.f) e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.
Tipificación: artigos 5 e 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade co artigo 39.6 do dito texto legal.
Data da resolución: 30.8.2013.
Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).
A Coruña, 2 de outubro de 2013
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña