Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42250

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 16 de outubro de 2013 pola que se determina a situación dunha nova estación fixa de inspección técnica de vehículos.

Os criterios polos que se regula, planifica e estrutura a rede de estacións de inspección técnica de vehículos en Galicia veñen fixados no Decreto 205/1994, do 16 de xuño, polo que se refunde a normativa vixente en materia de inspección técnica de vehículos.

A devandita norma, no seu artigo 1.2, establece que a situación das estacións fixas será determinada por orde da consellería competente en materia de industria, procurando a total cobertura do territorio, atendendo aos criterios de economía e custo mínimo global do servizo para os usuarios e posibilitando o autofinanciamento das estacións.

O exercicio das competencias para determinar a localización dunha nova estación fixa de inspección técnica de vehículos correspondelle á Consellería de Economía e Industria, de acordo co establecido no Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único. Establecer a localización dunha nova estación fixa de inspección técnica de vehículos en Nigrán.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o director xeral competente en materia de industria para ditar as disposicións necesarias para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2013

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía e Industria