Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 28 de outubro de 2013 Páx. 42321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2012/169-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tuí, S.A.

Domicilio social: rúa Coruña 20, 36700 Tui.

Denominación: modificado LMT e CT Paramos.

Situación: Tuí.

Carcterísticas técnicas: subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 66 metros de lonxitude, con orixe no apoio que se vai instalar na LMT aérea existente que daba servizo ao CT que se vai desmontar, e final no novo centro de transformación Paramos, de 250 kVA, RT 20 kV/400 V, situado no lugar da Igrexa, Paramos, Tuí.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edifico Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 27 de setembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra