Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42166

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes

EDICTO (114/1999 e 212/2000).

Eva Bernárdez Pereiras, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes, polo presente anuncio:

Neste xulgado séguese procedemento civil cos números 114/1999 e 212/2000 acumulados e ditouse sentenza, cuxo ditame é do teor literal seguinte:

«(...) Que debo estimar e estimo a demanda interposta contra (...) Ramón Secundino, Juan Lauro, Eduarda Dolores Rodríguez Alvárez (...) con imposición de custas procesuais aos demandados.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, que deberá prepararse por escrito ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación».

E para que lles sirva de notificación aos herdeiros incertos e descoñecidos de Ramón Secundino, Juan Lauro e Eduarda Dolores Rodríguez Alvárez, expídese o presente.

Ordes, 2 de setembro de 2013

A secretaria xudicial