Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de outubro de 2013 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/35/2013, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na súa repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a José Montoya Romero e a Mª del Carmen Jiménez Suárez para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/35/2013, en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar que se levan a cabo no lugar Ribeira-A Telva, parroquia de Sigrás, no termo municipal de Cambre, provincia da Coruña.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística