Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a declaración de deserta da contratación, mediante procedemento aberto, da subministración sucesiva, por prezos unitarios e a través de tarxetas con soporte magnético, de combustibles de automoción para os vehículos de varios departamentos da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2013-SUSE 03-PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19322

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva, por prezos unitarios e a través de tarxetas con soporte magnético, de combustibles de automoción para os vehículos de varios departamentos da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non leva lotes.

d) CPV: 09132000-3 e 09134100-8.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de xullo de 2013; Boletín Oficial del Estado: 12 de agosto de 2013, e Diario Oficial de Galicia: 19 de agosto de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 6.389.521,74 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 3.042.629,40 €.

IVA (21 %): 638.952,17 €.

Importe total: 3.681.581,57 €.

6. Declaración de deserto:

a) Órgano de aprobación: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Data de aprobación: 4 de outubro de 2013.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza